Ola a todos!! aínda que estemos confinados, esta semana imos de viaxe na clase de sociais. Como xa estamos un pouco aburridos de estar na casa, vou plantexar unha serie de actividades que nos van a axudar a repasar varias cousas que aprendimos neste curso e co mesmo tempo nos vai a dar a oportunidade de descubrir algunhas curiosidades do noso destino. Durante algúns días atoparedes unha serie de tarefas na presentación de debaixo, esta vai ir crecendo pouco a pouco xa que non podo poñelas todas xuntas porque vos daría demasiadas pistas, pero non vos preocupedes, cada vez que teñamos un novo reto eu farei un novo post coa presentación ampliada. O traballo vai ser o mesmo para 2º e para 4º, pero as actividades teñen diferente dificultade, están adaptadas a cada curso, nas diapositivas podedes observar un apartado para cada un deles. Tamén vos deixo un enlace cuns videos explicativos dos distintos tipos de paisaxe. Cando rematedes sabedes que podedes enviarme o voso traballo ó correo do blogue (escueladeroque20@gmail.com).
Descarga
Videos paisaxe:
https://www.youtube.com/watch?v=LxgKYT8oDTo
https://www.youtube.com/watch?v=QZsLWPVgB1c
https://www.youtube.com/watch?v=BpI_1wm20us
https://www.youtube.com/watch?v=KcbP0NcX2t4
No hay comentarios:
Publicar un comentario