seguimos co noso traballo de investigación sobre os animais vertebrados. Esta vez non temos os libros de consulta que collimos na biblioteca, pero vos deixo unha serie de enlaces con información e un esquema que podedes seguir para ordear os datos que atopedes. Pode ser que tamén teñades algún libro na casa que vos poda ser útil. Recordade que vamos a ler con moita atención toda a información e que non vamos a copiar o texto do libro ou da web senon que imos a redactar coas nosas palabras e en galego. Non temos porque imprimir o esquema, podemos facelo no caderno ou plantexalo doutra maneira e buscar imáxenes ou facer un debuxo. Cando recopiledes os datos, se tedes materiais e queredes facer un lapbook, déixovos un enlace que vos pode axudar.
Información:
Mamíferos: https://www.caracteristicas.co/mamiferos/
https://www.ecologiaverde.com/caracteristicas-de-los-animales-mamiferos-para-ninos-1447.html
Peixes: https://www.caracteristicas.co/peces/
https://www.anipedia.net/peces/
Aves: https://www.caracteristicas.co/aves/
https://www.pequeocio.com/aves/
Réptiles: https://www.caracteristicas.co/reptiles/
https://www.botanical-online.com/animales/reptiles-caracteristicas
Anfibios: https://www.caracteristicas.co/anfibios/
https://concepto.de/anfibios/
Descarga
Enlace de lapbook:
http://recursoseducativos-quini.blogspot.com/2017/01/lapbookcomo-hacer-un-lapbook-paso-paso.html
No confundades a publicidade de descargas coas plantillas. En pinterest podedes atopar moitísimas para copiar ou imprimir, o enlace anterior é unha guía de como facelo.
Museo Nacional de Ciencias Naturales: Se vos apetece dar un paseo polo museo pinchade e podedes dar unha volta polas coleccións que teñen, hai moitísimos animais.
Se tedes algunha dúbida o se queredes enviarme o traballo o unha foto do mesmo, podedes facelo a dirección do correo que aparece no blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario