viernes, 20 de marzo de 2020

NA CASA

Benvid@s a todos a Escuela de Roque, durante estes días excepcionais que estamos vivindo a causa do coronavirus, este blogue ofrecerá diversas actividades das áreas de ciencias naturais, sociais e música, por si son do voso interese. Recordade que todo o que atoparedes aquí son propostas que realizaredes se quereres. Se non tedes impresora, non pasa nada, non fai falta imprimir ningún material, seguro que na vosa casa hai follas ou cadernos nos que poderedes escribir o mesmo.

Se queredes enviarme algún traballo, a foto do mesmo o poñervos en contacto conmigo para algunha dúbida, escribe a dirección de correo: escueladeroque20@gmail.com 

Moito ánimo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario