domingo, 22 de marzo de 2020

LIBRO DE BOTÁNICA

Antes de que se suspenderan as clases, en 2º estábamos a facer un libro de botánica que nos quedou na escola, pero non pasa nada porque estes días poden ser un bo momento para facelo se queremos. Vos vou a deixar o enlace do libro guía que estábamos a utilizar que é de Mimontessori. Na páxina atoparedes dous enlaces distintos, un coa información sobre as partes das prantas e varios espazos en branco, e outro cos debuxos para que poidades colorear e escribir o nome das partes. Se optas por imprimir, as páxinas en branco que aparecen ó final do libro son as que utilizaremos para redactar vós, recorda que NON copiamos o que pon o libro guía, utilizamos as nosas palabras para as definicións. Cada parte se complementa con un debuxo onde colorearemos únicamente o que definimos, e dicir, que se estamos na páxina das follas e acabamos de escribir a definición, pintamos no debuxo só as follas e lle poñemos o nome debaixo. Se non vas a imprimir non pasa nada, tes a liberdade de facer este libro co diseño que ti queiras e podes debuxar a pranta que ti elixas, pero é importante que estén todas as partes.

https://mimontessori.org/2020/03/04/librito-de-taller-partes-de-la-planta/

Tamén vos deixo a ficha de rexistro de prantas que utilizamos na clase, non poderemos saír novamente o patio da escola, pero seguro que moitos de vós tendes un xardín onde podedes atopar diferentes prantas. Se estades nun piso se cadra tamén tedes algún vexetal que vos apetezca rexistrar.



Descarga

No hay comentarios:

Publicar un comentario