Despois de estar traballando no proxecto da Estrada, agora vamos a centrarnos no noso entorno máis próximo. Este proxecto levaranos varios días, así que marcaremos as tarefas pouco a pouco, tedes que estar atentos ó blogue. O primeiro que imos facer é asomarnos a nosa fiestra ou se tedes unha casa con finca, vós afortunados, podedes saír fora e sacar unha foto ou quedar a traballar ahí directamente. Tedes que contarme que é o que estades a ver, qué tipo de lugar é (recordade que a principio de curso falamos de tres tipos), onde está, xa que non todos vivides no mesmo sitio, a que concello pertence, comarca, provincia...se é un entorno rural ou urbano. Facede tamén unha descrición desa foto ou dese sitio e dicirme cales creedes vós que son as vantaxes de vivir nese espacio. Cando o teñades podedes enviarme o traballo ou unha foto do mesmo o correo do blogue (escueladeroque20@gmail.com).
Moito ánimo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario